NAIS / PAIS

PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO

Ao longo deste curso, no Colexio estamos a traballar cos alumnos nun proxecto baseado na Ruta da Prata, Camiño Sanabrés, xa que entra na cidade de Santiago polo barrio de Sar. Ata agora, os alumnos traballaron para saber que é un peregrino, que necesidades ten, como se despraza, dorme, etc.
Dividimos o Camiño elixido en oito tramos, e cada tramo ten unha poboación de referencia: Sevilla, Mérida, Salamanca, Zamora, Poboa de Sanabria, Laza, Cea e Santiago.
Para seguir avanzando, imos organizar aos alumnos en grupo de tres, e a cada grupo asígnaselle un dos tramos para que busquen información de interese para os peregrinos:
  1. Gastronomía
  2. Clima
  3. Ríos, montañas e paisaxe
  4. Animais e plantas
  5. Monumentos e cultura
  6. Curiosidades, etc.
Coa información que cada grupo recolla, cada venres, un grupo de alumnos fará unha exposición para contar aos seus compañeiros todo o que aprenderon
Ademais, con todo o que traian os alumnos faremos un dossier que se exhibirá nas paredes do corredor de infantil.

Será necesario que a información sobre o tramo : materiais,obxetos, libros,fotografías estea uns días antes no centro ,coa finalidade de preparar con eles a exposición ante os seus compañeiros.
  • Se algún membro das familias do noso alumnado, que fixo parte do camiño quere vir ao centro a contarlle aos nenos/as a súa experiencia pode contactar coas titoras para programar a charla




Moitas grazas pola vosa colaboración






UN NADAL SEN CHUPETE

COA FINALIDADE DE AXUDAR AS FAMILIAS A LOGRAR QUE OS SEUS FILLOS/AS DEIXEN O CHUPETE
TEMOS PENSADO ORGANIZAR AGORA EN DECEMBRO
 A ÁRBORE DOS CHUPETES
OS NENO/AS QUE AINDA NON O DEIXARON PODERÁN TRAELO VOLUNTARIAMENTE AO CENTRO PARA DARLLO A PAPA NOEL E ESTE OS AGASALLARÁ CUN PEQUENO OBSEQUIO
ESTA TAREFA E VOLUNTARIA                          



  OBXETIVOS MIMINOS PARA TRES ANOS

  • COÑECER ALGÚNS ELEMENTOS E SEGMENTOS QUE FORMAN O CORPO
  • DESENROLAR PROGRESIVAMENTE A SÚA AUTOESTIMA E A CONFIANZA EN SI MESMO
  • CONTROLAR PROGRESIVAMNTE AS POSIBILIDADES MOTRICES E POSTURAIS DO CORPO
  • ADQUIRIR HABITOS RELACIONADOS COA HIXIENE E COA ALLIMENTACIÓN
  • MELLORAR A COORDINACIÓM ÓCULO MANUAL
  • RESPETAR OS SENTIMENTOS, EMOCIÓNS, NECESIDADES, PREFERENCIAS… DOS DEMAIS.
  • ADQUIRIR HÁBITOS DE RESPETO, DE AXUDA E DE COLABORACIÓN
  • ADQUIRIR HÁBITOS ELEMENTAIS DE ORGANIZACIÓN, CONSTANCIA, ATENCIÓN, INICIATIVA E ESFORZO.
  • IDENTIFICAR CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NO MEDIO RELACIONADOS CO CLIMA.
  • COÑECER ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DAS CASA, DAS FAMILIAS, DA ESCOLA
  • SER CADA VEZ MAIS AUTÓNOMOS
  • CLASIFICAR E ORDENAR ELEMENTOS SEGÚN SEMELLANZAS E DIFERENZAS SINXELAS.
  • DISTINGUIR CARACTERÍSTICAS DE ANIMAIS E PRANTAS
  • COMUNICARSE A TRAVÉS DA LINGUAXE ORAL
  • EXPRESAR SENTIMENTOS, NECESIDADES, INTERESE, DESEXOS…MEDIANTE A LINGUA ORAL E A TRAVÉS DOUTROS LINGUAXES.
  • AUMENTAR PROGRESIVAMENTE O SEU VOCABULARIO
  • UTIIZAR AS NORMAS ESTABLECIDAS PARA SAUDAR E DESPEDIRSE.

  • LER E INTERPRETAR IMÁXENES E PICTOGRAMAS
  • INICIARSE EN TRAZOS LIBRES E DIRIXIDOS
  • INICIARSE NA COMPRENSIÓN E INTERPRETACIÓN DE TEXTOS
  • COÑECER OS TRES PRIMEIROS CARDINAIS
  • IDENTIFICAR O CÍRCULO, CADRADO, E TRIANGULO
  • INICIARSE NA FORMACIÓN DE SERIES
  • DESCRIBIR OBXETOS
  • UTILIZALA SERIE NUMÉRICA PRA CONTAR.
  • UTILIZAR TECNICAS E RECURSOS DE EXPRESIÓN PLÁSTICA
  • INICIARSE NO USO DE ELEMENTOS TECNOLOXICOS
  • UTILIZALO CORPO PRA EXPRESAR SENTIMENTOS E EMOCIÓNS
  • COÑECER A GAMA DAS CORES PRIMARIAS
  • PARTICIPAR NA INTERPRETACION E REPRESENTACIÓN DE CANCIÓNS




                                          CONTIDOS

1 MEDIO

A CASA : dependencias e obxetos
A FAMILIA: componentes, actividades dos seus menbros, oficios deles
OUTONO: cambios na natureza, froitos, as mazás e as castañas
NADAL: tradicións
SAMAIN: o medo
CORPO-ALIMENTACIÓN: clases de alimentos segundo a súa procedencia, friotas,verduras ,carnes, peixes
INVERNO: cambios na naturaza, abrigámonos, deportes de inverno
A PAZ
O ENTROIDO:
A RUA- TENDAS: os seus elementos ,seguridade viaria, profesións relacionadas
PRIMAVEIRA
ANIMAIS- PLANTAS: clasificación dos animais características externas, plantas cultivadas e silvestres profesións relacionadas
OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
AS PROFESIÓNS

2 AFECTIVO –SOCIAL
colaboración : recoller xoguetes e compartilos
identidades sexual
comportamentos correctos na merendas
habitos de hixiene :lavar as mans
uso correcto das papeleiras
circulación correcta pola beirarrua
coidade resposabel das plantas e animais


3 VALORES E EMOCIÓNS

Autoestima, xenerosidade, axuda, repecto, amizade , colaboración para conseguir unha meta xuntos,
Amor, enfado, tristura, medo, vergoña, Ledicia


4 MATEMÁTICAS

NUMEROS 1,2,3,4 ,5 concepto e cantidade
CUANTIFICADORES un –moitos, grande- pequeño, todo-nada, o mais grande, todos-ningún, o mais pequeño
Cheo-baleiro, alto- Baixo, longo-curto, rápido- lento
FORMAS: circular , cadrada , triangular, rectángulo
CORES: as do arco da vella
ORIENTACIÓN ESPACIAL: dentro-fora, arriba- abaixo, diante-detrás, preto-lonxe, enriba-debaixo, aberto pechado

5 LINGUAXE VERBAL

o seu nome e o dos seus compañeiros
expresarse con claridade
vocabulario sobre os temas traballados
onomatopeyas
solicitude de información
palabras dunha mesma familia
descripcions
ordenación de narracións (contos)
rimas, poemas
Descomposicion en silabas
Presente, pasado futuro
Días da semana
Meses do ano

6 GRAFOMOTRICIDADE
Trazos rectos verticales, horizontales, inclinados, curvos, circulares, espirales

7 TIC
            partes do ordenador
manexo do rato clic, dobbleclic, clic con arrastre
manexo da pdi
manexo do tuxpain
camara fotográfica
microfono

8 PLÁSTICA
garabateado, estampaxe, engurrado de papel, esmagar, beliscar, rasgar, picado, collage, manexo de tesoiras, ceras duras, brandas , tempera, pintura de dedos, manexo do pincel…
















No hay comentarios:

Publicar un comentario